............ ...........

16.1.24

''Outra vez''

Outra vez as nosas costas cheas de lixo, esta vez non se tiñeron de chapapote,  esta vez se tiñeron de branco e non é neve nin saraiba, esta vez chámanlle Pellets, un plástico e hai  millóns deles e como a outra vez os políticos pásanse o desastre uns a outros (merda de políticos que non valen para nada).

Como en tempos do Prestige sairemos ti, eu e os demais a limpar ese lixo que nos traen as mareas e con só o noso esforzo as nosas costas volverán estar limpas.

Moitas grazas señores políticos por non facer nada e se o fan será demasiado tarde.